Este é un dicionario escolar de grego que nos servirá para aprender un vocabulario básico de grego I e tamén para ampliar o noso vocabulario en español e galego.

Tamén nos gustaría que o resultado fose un instrumento útil para calquera persoa interesada na lingua e na cultura grega.

Os autores de HELLENIKOÍ LÓGOI son os alumnos de grego I do I.E.S A Pinguela (Monforte de Lemos): Sergio, Raquel, Nerea Pena, Lily, Leticia, Mercedes, Nela e Nerea Rodríguez.

Podes visitar tamén o noso blog: alas de sirena.

E a nosa carpeta de apuntamentos e materiais de clase: lemos latín e grego.

-----------------------------------------

Neste dicionario:

- faremos enlaces, sempre que sexa posible, a outros dicionarios.

- empregaremos todos as mesmas abreviaturas.

- no enunciado da palabras poremos:

  • Adxectivos: nominativo masculino, nominativo feminino e nominativo neutro.

  • Substantivos: nominativo e xenitivo singular.

  • Verbos: presente de indicativo activo.

- na definición da palabra faremos constar:

  • clase de palabras (substantivo, verbo, adxectivo, conxunción, preposición...).

  • cando se trate dun substantivo, especificaremos xénero e declinación.

  • tradución (en cursiva).

  • helenismos.

- anotaremos exemplos de uso (é dicir, exemplos vistos na aula nos que saia a palabra definida).

-cando sexa posible engadiremos unha imaxe que ilustre o significado da palabra.